Cerro Chirripó
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cerro Chirripó é unha montaña de 3.820 metros sobre o nivel do mar que constitúe o pico máis elevado de Costa Rica, na América Central.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Cerro Chirripó | |
---|---|
Elevación: | 3.820 metros |
Localización: | Costa Rica |
Cordilleira: | Serra de Talamanca |
Primeira acensión: | ? ? |
Rota máis fácil: | A pé desde San Gerardo de Rivas |
O Cerro Chirripó é un macizo que se ergue na serra de Talamanca, no centro-sur do país. Ocupa terras de tres departamentos: San José, Limón e Cartago. Desde o seu cume son visíbeis tanto o océano Pacífico como o mar Caribe, que bañan o istmo centroamericano.
Non é un volcán, como erradamente se indica nalgunhas fontes. A súa prominencia (elevación desde a base circundante) é de 3.727 metros, o que o converte nunha das maiores cimas da Terra, pois ocupa o lugar 38º na clasificación por ese risco. A partir aproximadamente dos 3.500/3.700 msnm nas súas ladeiras desenvolvése unha vexetación de selva húmida; por riba desa altura aparece unha vexetación de sabana con herbazais.
Aínda que na actualidade non adoita sufrir nevadas, no pasado, durante a era glaciar, desenvolveuse cerca da cima un lago desa orixe. Cerca está a fonte do río Chirripó, que corre até o océano Pacífico.
O cerro está incluído no Parque Nacional de Chirripó, creado no ano 1975, que ocupa unha superficie de 50.150 ha. É un parque que acubilla unha grande riqueza en biodiversidade. Contabilízanse unhas 400 especies de paxaros - o monte é un refuxio para o Pharomachrus mocinno -, así como mamíferos emblemáticos, tales o xaguar, o puma e o tapir. Na flora aparecen diversos endemismos. Porén os incendios sufridos nas décadas finais do século XX causaron graves danos no parque.
O Cerro Chirripó é fácil de ascender sen que se precise de equipo especializado de escalada. O punto de partida sitúase na localidade de San Gerardo de Rivas. Existe un refuxio (Crestones) a uns 3.400 metros de altura, que vale de apoio. Porén, a ruta de ascenso está avaliada nunha duración de tres días de andaina.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerro Chirripó |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.