From Wikipedia, the free encyclopedia
Celestino III, nado en Roma cara ao 1106) e finado en Roma o 8 de xaneiro de 1198, foi o Papa n.º 175 da Igrexa católica de 1191 a 1198.
(1196) | |
Nome orixinal | (la) Caelestinus PP. III |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Giacinto Bobone 1106 Roma (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 8 de xaneiro de 1198 (91/92 anos) Roma (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán |
175º Papa | |
28 de marzo de 1191 – 8 de xaneiro de 1198 ← Clemente III – Inocencio III → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico (1191–), diplomático, escritor |
Consagración | Ottaviano di Paoli |
Familia | |
Pai | Bobone Orsini |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Celestine III. |
De nome Giacinto Bobone,[1] naceu no seo da familia Orsini, unha caracterizada familia nobre romana e durante 47 anos serviu á igrexa en calidade de Cardeal Diácono[2] ata que en 1191, á idade de 85 anos, subiu ao solio para o que tivo que tomar as ordes sacerdotais o día antes do seu consagración.
Ao día seguinte coroou ao emperador Henrique VI nunha cerimonia que simbolizou a supremacía absoluta do emperador que se poñerá de manifesto nas futuras relacións entre ambos. Así, cando Henrique VI ordenou asasinar ao bispo de Lieja, Alberto dei Lovanio, o papa nin tan sequera ousou recriminalo; e cando mantivo prisioneiro ao rei inglés Ricardo Corazón de León, que por orde súa capturara o duque de Austria Leopoldo V mentres regresaba da Terceira Cruzada, só se atreveu a excomungar a leste, e Ricardo só recuperou a liberdade tralo pago dun cuantioso rescate a Henrique.
Tamén dentro do ámbito político confirmou, en 1192, de forma definitiva os estatutos da Orde dos Cabaleiros Teutóns[3]
Pouco antes de morrer, o 8 de xaneiro de 1198, expresou a súa intención de abdicar nomeando un sucesor, pero os cardeais non llo permitiron.
Foi enterrado na Basílica de San Xoán de Letrán.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De rure bovensi (De campo de bois), cita que fai referencia tanto á súa familia, os Bovis (bois), e a que era orixinario da campiña romana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.