Caterina Scarpellini
astrónoma italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Caterina Scarpellini Fabri, nada en Foligno o 29 de outubro de 1808[1] e finada no mesmo lugar o 28 de novembro de 1873, foi unha meteoróloga, astrónoma e matemática italiana.
Remove ads
Traxectoria
Fundou co seu marido a revista La Corrispondenza scientifica in Roma. Bullettino universale na que publicou algúns dos seus traballos. Estudou o ozono, mediu as concentracións de ozono no aire e determinou unha relación inversamente proporcional entre a concentración deste gas no aire e a propagación da epidemia de cólera en Roma en 1867. Estudou as eclipses solares, os terremotos, as choivas de meteoros. Documentou a observación dun gran cometa (C/1854 F1). Mediu condicións hidrométricas e hidrotermais do Tíber da súa época. Entre outros.
Organizou a estación meteorolóxica ozonométrica en Roma e descubriu un cometa no ano 1854.
Remove ads
Recoñecementos
En 1872, Italia concedeulle unha medalla de ouro polo traballo que realizou en estatística.
Un cráter venusiano leva o seu apelido.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads