From Wikipedia, the free encyclopedia
Un catepanato (en grego κατεπανίκιον katepaníkion) era o termo bizantino para describir o territorio baixo o control dun catepán. Usouse para describir dous tipos diferentes de divisións administrativas:
Este novo termo empezou a usarse na segunda metade do século XIII e deriva da lingua coloquial. En consecuencia, nunca chegou a ser un título establecido ou rango da xerarquía imperial bizantina, pero segue a ser un termo descritivo.[1] En esencia, o kephalē substituíu no último período a dux como o gobernador civil e militar dunha unidade administrativa territorial, coñecida como katepaníkion.[2]
Estas provincias eran pequenas en comparación cos anteriores themata, e podían ir desde unhas poucas vilas circundantes á sede do kephalē, a un kastron ("fortaleza"), até todo un arquipélago (por exempolo, as illas de Exeo.[3] Este nome tamén foi adoptado polo Segundo Imperio Búlgaro (como кефалия, kefalía) e o Imperio serbio (como кефалиja, kefalija).
No século XIV, os kephalái superiores foron denominados "cabezas universais" (katholikài kephalái) e supervisaban un grupo de provincias baixo os seus respectivos merikài kephalái ("xefes parciais").
Os antigos eran xeralmente parentes do emperador bizantino ou membros dos clans aristocráticos superiores. Coa crecente descentralización do Imperio e a creación de entidades semiindependentes (Despotados), estes cargos desapareceron a finais do século XIV.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.