![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Antique_Japanese_%2528samurai%2529_katana.jpg/640px-Antique_Japanese_%2528samurai%2529_katana.jpg&w=640&q=50)
Catana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A catana[1] (en xaponés: 刀) é un longo sabre xaponés (daitō), aínda que a palabra é usada xenericamente para denominar todos os sabres no Xapón. "Katana" é o kunyomi (Lectura xaponesa) do kanji 刀; o oniomi (Lectura chinesa) é "tō" (pronunciado [to:]). Refírese a un tipo particular, un sabre dun único gume, curvada, tradicionalmente utilizada polos samurai. A vaíña da catana chámase saya, o gardamáns Tsuba.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Antique_Japanese_%28samurai%29_katana.jpg/640px-Antique_Japanese_%28samurai%29_katana.jpg)
![]() |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A catana úsase principalmente para cortar e considérase frecuentemente unha guillotina de man. Desenvaíñase levando o gume cara enriba e pódese brandir cunha ou dúas mans (sendo esta última modalidade a máis común). Aínda que a arte de utilizar a espada segundo o seu propósito orixinal quedou na actualidade case obsoleto, o kenjutsu converteuse en gendai budō - unha arte marcial moderna. A arte de brandir a catana denomínase iaidō, e kendō é a arte de esgrimir unha espada de bambú coñecida como shinai utilizando como protección unha máscara e unha armadura. As vellas escolas de espadas koryū aínda existen: Kashima Shintō Ryū, Kashima Shin Ryū, Katori Shintō Ryū.
Este tipo de sabre ten folla curva, pois dese xeito maximízase a forza do golpe ao ir montando a cabalo.