concello castelán da provincia de Valladolid From Wikipedia, the free encyclopedia
Castronuño é un municipio de España, ao suroeste da provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León e comarca da Tierra del Vino, na marxe esquerda do río Douro..[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Valladolid | ||||
Capital | Castronuño | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 790 (2023) (6,37 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 124 km² | ||||
Altitude | 700 m | ||||
Comparte fronteira con | La Bóveda de Toro (pt) Torrecilla de la Abadesa (pt) Pollos (pt) Siete Iglesias de Trabancos (pt) Alaejos (pt) Pedrosa del Rey Villafranca de Duero San Román de Hornija (pt) Villabuena del Puente (pt) Toro Vadillo de la Guareña (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Q126367860 | Epifanio Modroño Santos (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 47520 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 47045 | ||||
Páxina web | castronuno.com |
O municipio, situado a unha altitude media de 700 msnm, conta cunha superficie de 124,30 km². Segundo o censo de 2017 tiña unha poboación de 871 habitantes, o que daba unha densidade de 7,01 hab./km² nese ano.
Castronuño localízase ao sueste da provincia valisoletana, equidistante coas provincias de Zamora e de Salamanca.
Popularmente coñécese como a Gran Florida del Duero.[1]
Evolución demográfica nos últimos anos [2] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2014 | 2017 | |||||||||
1 227 | 1 111 | 1 095 | 1 049 | 939 | 871 |
Castronuño conta cunha importante riqueza paisaxística; lugares, recunchos e edificios que invitan ao visitante a un paseo pola vila. Encravado na Reserva Natural Riberas de Castronuño-Vega del Duero, o municipio conta entre os seus atractivos con este espazo protexido.[3]
Desde o miradoiro que posíe en La Muela pode observarse a curva que describe o Douro, considerada un dos meandros máis grandes de Europa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.