poboado fortificado en Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol From Wikipedia, the free encyclopedia
O Castro de Santa Cecilia ou Castro de Santa Icía é un poboado castrexo fortificado de chaira situado en Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol)[1][2].
Castro de Santa Cecilia | |
---|---|
Parroquia | Santa Cecilia de Trasancos |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15036007 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | destruído |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O castro destruíuse hai tempo[cando?] para construír vivendas, só queda no terreo unha pequena elevación, un pequena parte do muro empregada como linde de leiras e na zona o topónimo Castro.
O castro tiña forma case circular duns 60 ou 70 metros de diámetro. Había dous tramos dun segundo muro ao NL que delimitaban o que puidera ser o antecastro ou protección da entrada. O castro tiña dúas entradas: unha posterior ao NO e outra ao NL. Os muros da croa e do antecastro eran de pedras e terra. Pola banda NL un rego do río Freixeiro contornea o castro. Nos traballos da terra apareceron pedras circulares.
Preto del está o castro da Croa de Leixa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.