Castielfabib é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia, na comarca do Rincón de Ademuz, un exclave rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | el Rincón | ||||
Capital | Castielfabib | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 297 (2023) (2,79 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 106,3 km² | ||||
Altitude | 927 m | ||||
Comparte fronteira con | Ademuz Veguillas de la Sierra (pt) El Cuervo Tramacastiel (pt) Tormón Vallanca (pt) Salvacañete (pt) Torrebaja (pt) Libros (pt) | ||||
Santo padrón | Guilherme I de Tolosa (pt) e Nossa Senhora da Graça (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eduardo Aguilar Villalba (2011–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46141 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46092 | ||||
ARGOS ID (en) | 46092 | ||||
Páxina web | castielfabib.es |
Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes das montañas. Por esa causa, esta vila ten como característica particular longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista de Veiga do Ebrón, como xa describiu o botánico Antonio José de Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.
Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Castielfabib. Os veciños marchában cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara ás vendimas de Francia.
Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provenientes principalmente do Magreb ou de Romanía.
O castelo musulmán de Qastil-al'Habib foi conquistado polos cristiáns en 1210, polo rei Pedro II de Aragón, sendo recuperado polo islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Xaime I de Aragón en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.