Castiñeiro
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
O castiñeiro común[2] (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo,[3] castiro,[4] uriceiro ou castieiro,[5] é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos.
Castiñeiro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Castiñeiro. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Castanea sativa Mill.[1] | |||||||||||||||
Área de distribución da especie: en cor verde, a máxima extensión natural da especie no clima actual; en cor siena, a extensión actual de cultivo da especie. |
Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia. Contrariamente á crenza popular que di que o seu espallamento data da época romana,[6][7] é en realidade unha árbore autóctona galega, que xa estaba presente no noroeste da península hai máis de 20.000 anos.[8]