Castelo de Himeji
From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelo de Himeji (en xaponés: Himeji-jo, 姫路城), tamén coñecido como Hakurojō ou Shirasagijō debido ao seu exterior branco relucente, é un complexo palaciano de 82 edificios de madeira situado na cidade de Himeji, prefectura de Hyogo, no Xapón.[1]
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Castelo de Himeji | |
---|---|
O castelo en 2015, despois dos traballos de restauración dos muros e tellados | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Xapón |
Localización | Himeji, Prefectura de Hyōgo |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, iv |
Inscrición | 1993 (17ª sesión) |
Identificador | 661 |
Pechar
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este castelo é unha das estruturas máis antigas que se conservan do período Sengoku, está considerado un tesouro nacional do Xapón e foi clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en decembro de 1993.[2] Xunto co castelo de Matsumoto e o castelo de Kumamoto, é un dos "Tres castelos famosos" do Xapón e o máis visitado do país.