Castelo de Guimarães
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Castelo de Guimarães está situado na cidade do mesmo nome, que se acha na freguesía de Oliveira do Castelo no Concello de Guimarães, no Distrito de Braga, no Norte de Portugal. O castelo orixinal, construído aínda en solos do antigo Reino de Galiza en madeira e terra, foi fundado pola condesa Mumadona Díaz a mediados do século X para protexer o mosteiro de San Mamede que fundara e aos poboadores das invasións dos viquingos e musulmás.[2] Xa para finais do século XI, o castelo achábase bastante deteriorado e foi o conde Henrique de Borgoña quen decidiu reedificalo.[3]
Castelo de Guimarães | |
---|---|
Monumento Nacional | |
Concello | Guimarães |
Provincia | Distrito de Braga |
Comunidade autónoma | [[Norte de Portugal ![]() ![]() |
Coordenadas | 41°26′52″N 8°17′25″O |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | gótico (século X (958)) |
Estilo actual | mestura (século XX) |
Estado actual | Bo, visitábel |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estando en posición dominante sobre o Campo de San Mamede, este monumento atópase ligado á fundación do Condado Portucalense coma escisión sur do Reino de Galiza e ás loitas de independencia de Portugal, sendo designado popularmente como o berce da nacionalidade. En 1127 o castelo foi cercado por tropas do rei galego-leonés Afonso VII que veu esixir preito de vasalaxe a seu curmán, o futuro rei Afonso Henriques.[3]
Clasificado como Monumento Nacional, o 7 de xullo do 2007 foi elixido como unha do Sete Marabillas de Portugal.