Castelo de Conwy
From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelo de Conwy (galés: Castell Conwy) é unha fortificación medieval de Conwy, na costa norte de Gales. Foi construída por orde de Eduardo I, durante a conquista de Gales, entre 1283 e 1289. Construído como parte dun proxecto meirande de crear a vila amurallada de Conwy, cun custo combinado das defensas de £15.000, daquela unha gran cantidade. Nos séculos seguintes, o castelo xogou un papel importante en moitas guerras. Resistiu o asedio de Madog ap Llywelyn no inverno de 1294–95, actuou como refuxio temporal para Ricardo II en 1399 e acolleu durante varios meses ás forzas leais de Owain Glyndŵr en 1401.
Castelo de Conwy | |
---|---|
Edifício listado como Grau I e monumento planificado | |
Vista do castelo dende o río Conwy. | |
Coordenadas | 53°16′48″N 3°49′32″O |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tralo estoupido da Guerra Civil inglesa en 1642, o castelo foi tomado polas forzas leais de Carlos I, que o aguantaron ata 1646 cando se renderon ás forzas parlamentarias. Posteriormente, o castelo foi abandonado polo Parlamento para previr que fose usado en calquera outra revolta, e finalmente foi arruinado en 1665 cando se vendeu o ferro e o chumbo restante. O Castelo de Conwy converteuse nun destino atractivo para pintores a finais do século XVIII e comezos do XIX. O número de visitantes medrou e os traballos de restauración comezaron na segunda metade do século XIX. Na actualidade, o castelo está baixo o control de Cadw como atracción turística.