Castelo de Bran
From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelo de Bran (en romanés: Castelul Bran; en alemán: Törzburg; en húngaro:Törcsvári kastély) é un castelo (fortificación) medieval localizado nun outeiro da aldea de Bran moi preto da vila de Braşov, é monumento nacional e un dos símbolos de Romanía.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Bran | |
---|---|
historic monument | |
Concello | Bran, Romanía |
Provincia | Condado de Braşov |
Comunidade autónoma | Transilvania |
Coordenadas | 45°30′54″N 25°22′02″L |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | mestura (elementos góticos) (século XIII) |
Estilo actual | mestura, elementos góticos |
Estado actual | Restaurado. Visitábel |
Véxase tamén | |
Castelos de Romanía | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A fortificación áchase na raia entre as rexións deTransilvania e Valaquia, na estrada secundaria romanesa DN73. O seu valor estriba na súa antigüidade e arquitectura, porén comunmente se coñece coma o "Castelo de Drácula" e é esa a súa principal atracción turística. O castelo foi unha das múltiples localizacións ligadas a Vlad Țepeș, persoeiro histórico no que se inspirou o personaxe do Conde Drácula da novela homónima do irlandés Bram Stoker do século XIX. Crese que a súa verdadeira fortaleza foi o Castelo de Poenari, hoxe parcialmente en ruínas; tamén morou no Castelo de Hunyad.
Con todo non hai evidencia de que Stoker escoitara falar deste castelo, que pouco ten que ver con Vlad III, O Empalador, voivoda de Valaquia, a suposta inspiración de Drácula. Como descubriu o autor belga Hans Corneel de Roos, a localización que Bram Stoker tiña en mente realmente do castelo de Drácula cando estaba a escribir a novela era o cumio dunha montaña illada, o Monte Izvorul Călimanului, de 2.033 m de alto, situado nos Alpes Kelemen transilvanos preto da fronteira con Moldavia.
Hoxe en día o castelo, que pouco ten que ver co estilo gótico escuro e terrorífico dos filmes baseados na novela, é un museo aberto aos turistas, cunha mostra de obras de arte e mobiliario colección da Raíña María de Saxonia. Aos pés do outeiro hai un pequeno museo ao ar libre de construción tradicional romanesa (cabanas, celeiros etc.) de todo o país.