![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Vista_Casardeita%252C_Ramir%25C3%25A1s.jpg/640px-Vista_Casardeita%252C_Ramir%25C3%25A1s.jpg&w=640&q=50)
Casardeita, Ramirás
parroquia civil do concello de Ramirás / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Casardeita é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 134 habitantes, deles 60 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Casardeita | |
---|---|
![]() Vista de Casardeita. | |
Concello | Ramirás[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°10′49″N 7°59′03″O |
Poboación | 102 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esta peculiar parroquia conta cunha igrexa caracterizada pola figura do patrón desta, o Apóstolo Santiago, na súa fachada ademais da capela de Santa Águeda (no Pambre) e a capela da Virxe de Guadalupe (en Ver). Ao carón da capela do Pambre encóntrase un magnífico exemplar de carballo digno de admiración e contemplación.
Ademais do anterior nos seus arredores localízase a antiga escola cuxa primeira planta é utilizada polos veciños como lugar de reunión social e a segunda está a disposición dunha biblioteca chamada «Biblioteca Lois Antón de Casardeita».