![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Commercen_talo_%252830.04.18%2529.jpg/640px-Commercen_talo_%252830.04.18%2529.jpg&w=640&q=50)
Casa do Comercio de Tampere
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa do Comercio (en finés Commercen talo) é un inmoble residencial e comerciial de estilo Art Nouveau temperán da cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, na rúa Hämeenkatu e no bordo de Keskustori, na zona chamada Jugendtori. A súa construción fnializou en 1899 e foi obra do estudo Andersin, Jung ja Bomanson (aarquitectos Bertel Jung, Waldemar Andersin e Oscar Bomanson). O nome do edificio vén da palabra francesa para "comercio".[1][2]
Casa do Comercio | |
---|---|
![]() A Casa do Comercio en abril de 2018. | |
Edificio | |
Localización | Hämeenkatu 17 e Aleksis Kiven katu 24 Tampere (Finlandia) |
Coordenadas | 61°29′50″N 23°45′34″L |
Uso(s) | Residencial e comercial |
Remate | 1899 |
Dimensións | |
Plantas | 5 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Andersin, Jung ja Bomanson (arquitectos Bertel Jung, Waldemar Andersin e Oscar Bomanson) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Durante moito tempo o edificio acolleu o Hotelli Central, fundado en 1907. O nome do hotel cambiou posteriormente a Centrum.[1] Ata 1983 operou na Casa do Comercio a Ensimmäinen apteekki (Primeira Farmacia) e posteriormente, o 14 de decembro de 1984, abriu o primeiro McDonald’s de Finlandia.[2] Durante un curto espazo de tempo, entre 1983 e 1984, acolleu un Burger King.[3] En maio de 2010 houbo un incendio provocado por unha freidora de McDonald's.[4] Os traballos de reparación logo do incendo prolongáronse durante dous anos e McDonald’s reabriu de novo en 2012.[5] A finas de 2015 McDonald’s pechou o seu restaurante e a principios de 2016 a cadea de hamburgueserías finlandesa Friends & Brgrs abriu un novo restaurante.[6][7]