Casa Palander
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa Palander (en finés Palanderin talo) é un inmoble de estilo Art Nouveau na cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, no extremo sur de Keskustori no barrio de Nalkala. O edificio de seis pisos conta con numerosas tendas e oficinas. Os tres andares superiores son na súa maior parte vivendas privadas. Na parte central do piso superior da fachada de Keskustori estivo situado un estudio, que é unha das partes máis famosas do edificio. Neste estudo traballaron moitos artistas locais e estranxeiros, salientando Hugo Simberg e Kimmo Kaivanto.[1][2] O estudio pertenceu durante moito tempo á cidade de Tampere.[3]
Datos rápidos Edificio, Localización ...
Casa Palander | |
---|---|
A casa Palander vista dende Keskustori | |
Edificio | |
Localización | Keskustori, 7 Tampere (Finlandia) |
Coordenadas | 61°29′49″N 23°45′38″L |
Uso(s) | Residencial e comercial |
Remate | 1901 (á leste do edificio), 1905 (á oeste do edificio) |
Dimensións | |
Plantas | 6 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Birger Federley Vihtori Heikkilä |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar