Casa Batlló
From Wikipedia, the free encyclopedia
A casa Batlló é unha obra feita polo arquitecto Antoni Gaudí, máximo representante do modernismo catalán. Trátase dunha remodelación integral dun edificio previamente existente no soar, obra de Emilio Sala Cortés. Está situado no número 43 do Passeig de Gràcia de Barcelona, a ancha avenida que atravesa o distrito do Eixample, na chamada “Mansana de la Discòrdia”, porque alberga ademais deste edificio outras obras de arquitectos modernistas: a casa Amatller, que linda coa de Gaudí, obra de Josep Puig i Cadafalch; a Casa Lleó Morera, obra de Lluís Domènech i Montaner; a Casa Mulleras, de Enric Sagnier i Villavecchia; e a Casa Josefina Bonet, de Marcel·lià Coquillat. A construción realizouse entre os anos 1904 e 1906.[1]
Obras de Antoni Gaudí | |
---|---|
Casa Batlló | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 2005 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 320-006 |
A Casa Batlló é un reflexo da madurez do arquitecto: pertence á súa etapa naturalista (primeira década do século XX), período en que o arquitecto perfecciona o seu estilo persoal, inspirándose nas formas orgánicas da natureza, para o que puxo en práctica toda unha serie de novas solucións estruturais orixinadas nas profundas análises efectuadas por Gaudí da xeometría regulada. A iso engade o artista catalán unha gran liberdade creativa e unha imaxinativa creación ornamental: partindo de certo barroquismo as súas obras adquiren gran riqueza estrutural, de formas e volumes desprovistos de rixidez racionalista ou de calquera premisa clásica.[2]
O edificio está aberto ao público e durante o ano 2018 recibiu 1 062 863 visitas, o que significa 79 000 menos que en 2017.[3]