![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8d/PCjr_expanded.jpg/640px-PCjr_expanded.jpg&w=640&q=50)
Cartucho (informática)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un cartucho ROM, ás veces denominado simplemente como cartucho, é unha carcasa extraíble que contén dispositivos de memoria de só lectura destinados a ser conectados a un dispositivo de electrónica de consumo, tales como un computador persoal ou unha consola de videoxogos. Os cartuchos ROM pódense utilizar para cargar software, tales como videoxogos, ou outros programas de aplicación.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8d/PCjr_expanded.jpg/640px-PCjr_expanded.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/PokemonSilverBoard.jpg/640px-PokemonSilverBoard.jpg)
A rañura do cartucho podería ser utilizada para engadidos de hardware, por exemplo sínteses de fala. Algúns cartuchos tiñan memoria estática de acceso aleatorio apoiada por batería permitindo ao usuario gardar información, como as puntuacións de xogos cada vez que se usaban.