diplomática colombiana From Wikipedia, the free encyclopedia
María Carolina Barco Isakson, nada en Boston, Massachusetts, en 1951, é unha política e diplomática colombiana, filla do presidente Virgilio Barco (1986–1990). Foi Ministra de Relacións Exteriores e embaixadora ante os Estados Unidos.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Minister of Foreign Affairs of Colombia (en) | |
7 de agosto de 2002 – 7 de agosto de 2006 ← Guillermo Fernández de Soto – María Consuelo Araújo → | |
Ambassador of Colombia to the United States (en) | |
7 de agosto de 2002 – 12 de xullo de 2006 ← Andrés Pastrana – Gabriel Silva Luján (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Wellesley College (pt) Harvard Graduate School of Design (en) Universidade Harvard Colegio Nueva Granada (en) |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, política |
Familia | |
Pais | Virgilio Barco Vargas e Carolina Isakson Proctor |
Irmáns | Virgilio Barco Isakson |
Premios | |
Carolina posúe un título profesional en Socioloxía e Economía do Wellesley College en Massachusetts. Durante o tempo que durou o seu bacharelato en Wellesley College estudou un ano a maneira de intercambio na Université Libre de Bruxelles en Bélxica. Adicionalmente, Carolina é graduada como máster en Plan de Cidades da Universidade Harvard. Ten un Graduate School of Design e un máster en Negocios do Instituto de Empresas de Madrid, España.[1]
Traballou sempre no sector público, sendo desde finais da década de 1970 consultora en planeamento urbano ao servizo da alcaldía de Caracas (Venezuela), alcaldía de Bogotá e alcaldías de municipios contiguos á capital (Cajicá, Cogua, Subachoque e Zipaquirá). Na década de 1990 o seu prestixio como investigadora levouna a realizar estudos para o PNUD e os Ministerios de Desenvolvemento Económico, Medio Ambiente e Cultura; ata que en 1998 o Alcalde Maior de Bogotá Enrique Peñalosa designouna Directora Distrital de Planeación, cargo que exerceu até finalizar o mandato do alcalde en decembro de 2001.
En 2002 o presidente electo Álvaro Uribe Vélez designouna ministra de Relacións Exteriores de Colombia mantendo unha sólida relación principalmente cos Estados Unidos. En 2006, logo da renuncia do expresidente Andrés Pastrana á embaixada neste país, Barco foi nomeada na súa substitución, exercendo o cargo até 2009 que foi substituída como embaixadora por Gabriel Silva.[2]
En 2010 incorporouse ao Banco Interamericano de Desenvolvemento como coordinadora da Plataforma de Cidades Emerxentes e Sustentables.[3]
O 18 de outubro de 2018 Carolina Barco foi nomeada nova embaixadora de Colombia en España.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.