actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Jane Alice Peters, nada en Fort Wayne (Indiana) o 6 de outubro de 1908 e finada en Nevada o 16 de xaneiro de 1942, foi unha actriz estadounidense, coñecida como Carole Lombard.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jane Alice Peters 6 de outubro de 1908 Fort Wayne, Estados Unidos de América |
Morte | 16 de xaneiro de 1942 (33 anos) Nevada, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Relixión | Fe Bahá'í |
Educación | Fairfax High School (en) Escola Preparatoria de Hollywood |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema |
Período de actividade | 1921 - 1942 |
Familia | |
Cónxuxe | Clark Gable (1939–1942), morte da persoa William Powell (1931–1933), divorcio |
Pais | Frederic C. Peters e Elizabeth Knight |
Parentes | William David Powell, fillastro |
Premios | |
Páxina web | carolelombard.org |
|
Nada en Indiana, marchou coa súa nai e irmáns a California en 1914. Cando era nova, estivo interesada nos deportes (tenis, voleibol, natación), chegando a gañar trofeos neles. Con doce anos o director Allan Dwan viuna xogar ao béisbol e conseguiu un pequeno papel en A Perfect Crime. A experiencia levou a Lombard e a súa nai a buscar máis traballos no cinema.
Tras unha proba para The Gold Rush decidiu cambiar o seu nome polo de "Carol" (anos despois convertido, por un erro, en "Carole"). Aos dezaseis anos asinou un contrato coa Fox Film Corporation, abandonando definitivamente a escola e adoptando o apelido "Lombard". En 1925 conseguiu o seu primeiro papel protagonista, logrando boas críticas, se ben o estudio non estaba convencido e rescindiu o contrato.
En 1927 foi contratada para comedias slapstick de Mack Sennett, tralas que foi ascendida a filmes de protagonista. Durante a década de 1930 a súa sona foi incrementando, especialmente tras o seu matrimonio con William Powell.
En 1932 apareceu no filme No Man of Her Own, con Clark Gable, que rapidamente se converteu en estrela. O filme foi un éxito de público e de crítica e foi o único que rodaron xuntos.
Xa divorciada de Powell, a partir de 1934 triunfou especialmente en comedias, sendo en 1937 a actriz mellor pagada de Hollywood, gañando, tras negociar o contrato coa Paramount Pictures 450.000 dólares. Non obstante, Lombard afirmou que o 80% das súas ganancias ían a impostos, aínda que estaba contenta de mellorar o seu país. O comentario deulle unha publicidade positiva e o presidente Franklin D. Roosevelt envioulle unha carta de agradecemento.
Desde 1937, Lombard converteuse nunha actriz independente dos estudios. En 1939 casou con Clark Gable, co que mantiña unha relación desde 1936.
Durante uns anos intentou interpretar filmes dramáticos, pero finalmente aceptou que "o meu nome non vende billetes para filmes serios" e regresou ás comedias con Mr. & Mrs. Smith, de Alfred Hitchcock, que volveu ser un éxito. Centrada no seu fogar e no seu matrimonio, ademais do seu desexo de ser madre, o seu ritmo de rodaxe baixou.
Cando os Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial, Lombard viaxou a Indiana coa súa nai para promover a compra de bonos de guerra. Inicialmente pensaban volver en tren, pero a arela de chegar antes á casa fixo que decidisen volver en avión, a pesar de que tanto a nai de Lombard, como Otto Winkler, axente de prensa de Gable que viaxaba con elas, tiñan medo a voar. Aproximadamente vinte e tres minutos despois de botar combustible en Las Vegas o avión estrelouse, morrendo os vinte e dous pasaxeiros.
Gable voou a Las Vegas a reclamar os corpos en canto soubo da traxedia. Lombard foi enterrada xunto coa súa nai baixo o nome de Carole Lombard Gable. Aínda que Gable casou dúas veces máis, decidiu ser enterrado onda elas.
O último filme de Lombard, Ser ou non ser estaba en posprodución e decidiron cortar unha escena na que a actriz preguntaba "What can happen on a plane?" (“Que pode ocorrer nun avión?”).
Ano | Filme |
---|---|
1921 | A Perfect Crime |
1925 | Dick Turpin |
Gold and the Girl | |
Marriage in Transit | |
Hearts and Spurs | |
Durand of the Bad Lands | |
1926 | The Road to Glory |
1927 | My Best Girl |
1928 | The Divine Sinner |
Power | |
Me, Gangster | |
Show Folks | |
Ned McCobb's Daughter | |
1929 | High Voltage |
Big News | |
The Racketeer | |
1930 | The Arizona Kid |
Safety in Numbers | |
Fast and Loose | |
1931 | It Pays to Advertise |
Man of the World | |
Ladies' Man | |
Up Pops the Devil | |
I Take This Woman | |
1932 | No One Man |
Sinners in the Sun | |
Virtue | |
No More Orchids | |
No Man of Her Own | |
1933 | From Hell to Heaven |
Supernatural | |
The Eagle and the Hawk | |
Brief Moment | |
White Woman | |
1934 | Bolero |
We're Not Dressing | |
Twentieth Century | |
Now and Forever | |
Lady by Choice | |
The Gay Bride | |
1935 | Rumba |
Hands Across the Table | |
1936 | Love Before Breakfast |
The Princess Comes Across | |
My Man Godfrey | |
1937 | Swing High, Swing Low |
Nothing Sacred | |
True Confession | |
1938 | Fools for Scandal |
1939 | Made for Each Other |
In Name Only | |
1940 | Vigil in the Night |
They Knew What They Wanted | |
1941 | Mr. & Mrs. Smith |
1942 | Ser ou non ser |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carole Lombard |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.