político francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos de Blois, nado en Blois en 1319 e finado na batalla de Auray o 29 de setembro de 1364, foi barón de Mayenne, señor de Guise e, por matrimonio, conde de Penthièvre e duque da Bretaña. É venerado como beato pola Igrexa Católica e é coñecido como Carlos o Santo.
Nome orixinal | (fr) Charles de Blois |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1319 (Gregoriano) Blois, Francia |
Morte | 29 de setembro de 1364 (Gregoriano) (44/45 anos) Auray, Francia |
Causa da morte | morto en combate |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político, aristócrata |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 29 de setembro |
Outro | |
Título | Pretendente |
Familia | Casa de Blois (pt) e House of Châtillon (en) |
Cónxuxe | Juana de Penthièvre la Coja (1337 (Gregoriano)–) |
Fillos | Margaret de Châtillon, Marie of Blois, Duchess of Anjou, John I of Blois-Châtillon |
Pais | Guy I de Châtillon e Margarida de Valois |
Irmáns | Louis II, Count of Blois Mary of Chatillon |
Cronoloxía | |
1372 | supresión do culto, per Gregorio XI |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica The American Cyclopædia |
Carlos de Blois era fillo de Guido I de Blois-Châtillon, conde de Blois e de Margarida de Valois (1295-1342), irmá de Filipe de Valois. En París casou, o 4 de xuño de 1337, con Xoana de Penthièvre, filla de Guido de Penthièvre, sobriña do duque Xoán III da Bretaña e neta de Artur II da Bretaña. Os capítulos matrimoniais establecían que Carlos tomaría o nome e as armas da Bretaña e que sucedería ao duque Xoán III, que non tiña fillos.
Xoana de Penthièvre deulle cinco fillos:
Ademais, Carlos tivo un fillo natural, Xoán, señor de Averoult, que morreu co seu pai na batalla de Auray.
O duque Xoán III non deixou clara a sucesión antes da súa morte en 1341, polo que comezou unha guerra civil que durou 23 anos: a Guerra de Sucesión bretoa. O rei Filipe VI de Francia recoñeceu ao seu sobriño Carlos de Blois como duque consorte e recibiu a súa homenaxe como novo soberano da Bretaña, como tamén fixeron a maioría dos nobres e señores da Bretaña.
Non obstante, Xoán, conde de Montfort, medio irmán de Xoán III, proclamouse herdeiro do ducado e recibiu o apoio de Inglaterra: en outubro de 1341, Carlos apoiou ao duque de Normandía na súa reclamación polo trono de Francia, para manter a súa aspiración ao ducado da Bretaña e comezou a guerra. En 1344, tomou Quimper, pero en 1347 foi feito prisioneiro polos ingleses no asedio de Vannes (a batalla de La Roche-Derrien ). Foi levado a Inglaterra e encerrado na Torre de Londres, mentres que Xoana de Penthièvre continuaba a guerra contra Xoana de Flandres, esposa do conde de Montfort. Carlos foi liberado o 10 de agosto de 1356, despois de nove anos de catividade e comprometeuse a pagar un rescate de 700.000 floríns de ouro, que aínda non foran pagados cando morreu.
Cando regresou a Bretaña, continuou a guerra contra Xoán de Montfort. Carlos nomeou a Bertrand du Guesclin (quen destacara pola defensa de Rennes en 1357) capitán de Pontorson e Mont Saint-Michel. Morreu o 29 de setembro de 1364 durante a batalla de Auray contra Xoán IV da Bretaña. A súa morte marcou o final da guerra e a vitoria de Xoán de Montfort.
Toda a súa vida foi moi piadoso, entregado á oración e á caridade cara aos necesitados. Durante os anos de presidio en Londres, pola súa integridade, gañou fama de santidade. Foi enterrado no convento dos franciscanos de Guingamp, a onde pronto comezaron as peregrinacións para lle rezar e onde tiveron lugar supostos milagres. O primeiro milagre que foi declarado "oficial" tivo lugar en 1367 e comezou a pedir a súa canonización. O duque Xoán V da Bretaña, inimigo do beato, non obstante, quixo impedilo e pechou a igrexa. Pero Carlos xa tiña un culto popular que se estaba estendendo e gañou importancia a partir de 1368, cando a investigación comezou a abrir a causa da beatificación en Angers, impulsada polo franciscano Raoul de Kerguiniou: o 18 de decembro de 1371, rematou a investigación e Carlos foi proclamado santo. Non obstante, a canonización non foi recoñecida oficialmente pola Santa Sé . Gregorio XI, a petición de Xoán V da Bretaña, anulou o proceso.
Finalmente, foi beatificado o 14 de decembro de 1904.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.