Carlos Alberto Lleras Restrepo, nado en Bogotá, 12 de abril de 1908 e finado o 27 de setembro de 1994, foi un avogado e político colombiano, que ocupou o cargo de Presidente de Colombia durante o período 1966–1970 polo Partido Liberal. É o avó materno do político Germán Vargas Lleras e de Valerie Calle Vargas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaCarlos Lleras Restrepo
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1908 Editar o valor en Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaXardíns de Paz Editar o valor en Wikidata
22º Presidente de Colombia
7 de agosto de 1966 – 7 de agosto de 1970
 Guillermo León ValenciaMisael Pastrana Borrero 
Minister of Finance and Public Credit (en) Traducir
8 de outubro de 1943 – 6 de marzo de 1944
Minister of Finance and Public Credit (en) Traducir
26 de agosto de 1941 – 7 de agosto de 1942
Minister of Finance and Public Credit (en) Traducir
7 de agosto de 1938 – 24 de marzo de 1941
23º Ministry of Finance and Public Credit (en) Traducir
Alfonso Araújo Gaviria  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Nacional de Colombia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Colombiano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCecilia de la Fuente de Lleras Editar o valor en Wikidata
FillosCarlos Lleras de la Fuente Editar o valor en Wikidata
PaiFederico Lleras Acosta Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel Lleras Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1173085
Pechar

Traxectoria

Estudou no Instituto San Bernardo de La Salle, onde se graduou como bacharel en Filosofía e Letras. En 1930 obtivo o título en Dereito, Ciencias Políticas e Sociais na Universidade Nacional de Colombia en Bogotá. No eido privado, foi avogado de múltiples empresas, nacionais e estranxeiras, reitor do colexio Ximnasio Moderno en 1944, director da Escola de Administración de Empresas e Economía da mesma institución. Foi tamén xerente para Colombia de Celanese. Foi presidente da Xunta Directiva do Banco Francés e Italiano (hoxe Sudameris) do cal foi accionista, asesor de Renault durante o seu exilio en México (1952-1954), fundador dos semanarios "Política y Algo más" (1961) xunto con Juan Lozano y Lozano e "Nueva Frontera" (1975). Tamén salientou como árbitro en numerosos tribunais nacionais, en preitos de dereito comercial. En 1980, a Universidade do Cauca conferiulle o título de Doutor Honoris Causa en Dereito e Ciencias Políticas e Sociais. Foi homenaxeado polo Banco da República no billete de $100.000 pesos que empezou a circular en 2017.

Presidencia

Durante o período da Fronte Nacional, resultou elixido Presidente da República para o período do 7 de agosto de 1966 ó 7 de agosto de 1970. O seu goberno, denominado "da transformación nacional", caracterizouse pola estabilización e crecemento económico pola Reforma Constitucional de 1968, que, entre outros aspectos, determinou a descentralización de gran parte da xestión estatal en entidades especializadas como os Institutos Descentralizados.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.