Carlos Lemaur
From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Lemaur y Burriel, nado en Montmirail o 1 de xaneiro de 1724 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1785 foi un enxeñeiro militar e arquitecto francés recrutado polo rei Fernando VI de España para incorporarse ás obras emprendidas polos Borbóns en España, a partir de 1750. Participou de maneira relevante en proxectos de canles navegables como as de Castela e Guadarrama, así como en camiños reais, sobre todo baixo Carlos III. Proxectou e construíu o pazo de Raxoi en Santiago de Compostela e a portada principal da catedral de Lugo. Colaborou tamén no deseño urbano de novas poboacións na Serra Morena, moi probablemente en La Carolina.[1] Escribiu libros sobre matemáticas e astronomía e traduciu do francés ao castelán libros técnicos e científicos.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1724 ![]() Montmirail, Francia ![]() |
Morte | 25 de novembro de 1785 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | suicidio ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro militar , arquitecto , enxeñeiro ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Francisco Lemaur (en) ![]() ![]() |
![]() |