Cardume
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un cardume,[1] tamén coñecido como fieiro[2] ou armeiro,[3] é o substantivo colectivo que designa un grupo de peixes, normalmente da mesma especie e do mesmo grupo de idade, que nadan como se fosen un único individuo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Heringsschwarm.gif/250px-Heringsschwarm.gif)
Este tipo de comportamento, moi común nos peixes peláxicos, pode considerarse unha adaptación evolutiva, dado que supón moitas vantaxes para a especie: permite que un maior número de individuos se manteña nunha zona con mellores condicións de vida, respecto á temperatura ou a alimentación[4].
Ademais, permite que durante a reprodución sexan fecundados un maior número de óvulos, dado que os peixes peláxicos adoitan ter unha fecundación externa.