![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Anthrax_PHIL_2033.png/640px-Anthrax_PHIL_2033.png&w=640&q=50)
Carbúnculo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O carbúnculo[1] (tamén coñecido como carbuncho,[2] solda[3] ou ántrax,[4] aínda este último termo é tamén sinónimo de furunculose por Staphylococcus aureus) é unha doenza contaxiosa, aguda e grave, que pode afectar a todos os homeotermos e entre eles ó home, causada por Bacillus anthracis, un bacilo grampositivo, anaeróbico facultativo e esporoxénico que se atopa no chan.[5] A severidade do carbúnculo no home varía segundo o modo de contaxio e a velocidade do tratamento; o carbúnculo cutáneo, a manifestación máis común da doenza presenta unha mortalidade baixa. En troques, o carbúnculo pulmonar é letal na maioría dos casos. As esporas de B. anthracis investigáronse como axentes de guerra biolóxica, e foron empregadas nos ataques con carbúnculo nos Estados Unidos de 2001.
Carbúnculo | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Lesión na pel causada polo carbúnculo. | |
ICD-10 | A22 |
ICD-9 | 022 |
DiseasesDB | 1203 |
MedlinePlus | 001325 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |