familia botánica From Wikipedia, the free encyclopedia
As caprifoliáceas[2] (Caprifoliaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas arbustivas, de follas opostas, flores hermafroditas e froito en drupa ou baga, pertencente á orde Dipsacales.[3] A esta familia pertencen rubideiras como o cadrifollo e todas as demais madreselvas, por isto tamén se coñece como a familia das madreselvas. Este clado agrupa unhas 380 especies, en 10 xéneros, cunha extensa área de distribución; centros de diversidade atópanse no Leste de América do Norte e Leste de Asia, mentres que se atopan ausentes no África tropical e no Sur deste continente.
Caprifoliáceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cadrifollo de xardín (Lonicera caprifolium) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Véase texto | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Estas plantas son na súa maioría arbustos e parras, raramente herbas, incluíndo algunhas plantas ornamentais de xardín en rexións tépedas. As follas son maiormente opostas sen estípulas, e poden ser ou perennifolios ou caducifolios. As flores son tubulares con forma de funil ou semellantes a campás, normalmente con cinco lobos voltos cara a fóra, e case sempre con recendo. Normalmente forman un pequeno cáliz de brácteas miúdas. O froito é na maioría dos casos unha baga ou unha drupa. Os xéneros, Diervilla e Weigela, teñen froitos en cápsula.
(cun número aproximado de especies).
A maior parte do debate sobre a taxonomía deste grupo quedou liquidado.
A taxonomía evolutiva deste grupo inclúe
Diervilloideae
Heptacodioideae
Caprifolioideae
Linnaeoideae
Morinoideae
Dipsacoideae
Triplostegioideae
Valerianoideae
Non durarán durante moito tempo incluídas en Caprifoliaceae
(consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Alseuosmiaceae)
(consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Carlemanniaceae)
As plantas pertencentes a esta familia son normalmente plantas ornamentais rubideiras, arbustos moi populares nos xardíns, especialmente Lonicera. Unhas poucas chegaron a ser plantas invasoras fóra das súas áreas nativas de distribución (tal como é o caso de Lonicera japonica).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.