Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra
construción relixiosa en Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
construción relixiosa en Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra, declarada Ben de Interese Cultural. Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola confraría da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794.
Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra | |
---|---|
Fachada da Capela da Peregrina, declarada Monumento histórico-artístico en 1982 | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Capela |
Advocación | Virxe Peregrina (Virxe do Camiño) |
Localización | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′51″N 8°38′37″O |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1778-1792 |
Estilo | Barroco, Neoclásico |
Páxina web | https://vivecamino.com/pontevedra/iglesia-de-la-virgen-peregrina-3358/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A orixe da capela remóntase a 1753, ano no que se fundou unha congregación dedicada ao culto da Virxe do Camiño, que posteriormente deu lugar na Congregación da nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina.
En 1757 elaborouse un altar para a imaxe da Virxe Peregrina na capela da Virxe do Camiño, o que se traduciu na aparición de problemas propios de ter dúas imaxes con diferente tutela (recollida de esmolas, repique de campás...).
A xustiza e o goberno municipal, por estes e outros motivos, ordena sacar a imaxe e o retablo do templo, que se trasladan a unha nova capela de madeira nun soar extramuros, xunto á Porta de Trabancas. Dous anos máis tarde, ao abrirse unha canteira nun monte propiedade dun dos membros da congregación en Santo Amaro de Moldes ponse a primeira pedra do santuario. A súa construción remata en 1792, ano no que se penduran as campás, a porta, as vidreiras e máis tarde o adro, consagrado dous anos máis tarde.
Cara a 1795, debido a unha treboada que causa graves danos ao templo, derrúbase parte da súa torre norte, e non será arranxada até 80 anos despois (1873), intre no que se instalan tamén dous pararraios. Non só a Capela sufriu mudanzas. A contorna no que nun inicio situouse a capela tamén mudou. A cidade sufriu unha importante remodelación urbanística desde mediados do século XIX, e o adro substituíuse por unha grande escalinata.
En 1981 lévase a cabo a primeira restauración do Santuario para reparar danos estruturais importantes (había grandes fendas no edificio producidas por un desprazamento dos alicerces). Foi levada a cabo por César Portela e Xosé Bar Boo.
O templo foi sometido a unha profunda rehabilitación entre 2007 e 2008, dado que debido ao peso da construción e a carencia de contrafortes, así como ao impacto de diversos raios, a edificación sufría serios danos. Tamén se restauraron as vidreiras, muros, a pintura e o reloxo da torre entre outros elementos.
No ano 2011 foi declarada Ben de Interese Cultural[1][2].
Ten planta de cuncha de vieira, símbolo dos peregrinos, con remate en cruz. É de estilo barroco tardío con formas neoclásicas, así como o seu retablo maior, de 1789. A imaxe central da patroa é do século XIX. A fachada, con tres fornelos coas figuras de san Roque, Santiago Apóstolo e santa María, ten dúas torres e unha alegoría da fe.
Na entrada hai unha cuncha, que serve de pía de auga bendita, traída polo mariño Casto Méndez Núñez do océano Pacífico. O reloxo da torre foi instalado en 1896, procedente do Hospital de San Xoán de Deus. O chan de mármore foi instalado en 1964, por unha doazón de Manuel Durán.
No seu adro hai unha fonte cunha estatua de Teucro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.