From Wikipedia, the free encyclopedia
Canuto o Grande (en inglés: Cnut the Great,[1] en nórdico antigo: Knútr inn ríki), nado no ano 995 e finado en Shaftesbury no 1035 foi o rei viquingo dos reinos de Dinamarca (como a Canuto II, 1018-1035), Inglaterra (Canuto I, 1017-1035) e Noruega (1029-1035).[2] Os seus éxitos como estadista e militar convertérono nunha das figuras máis destacadas do seu tempo até o punto que algúns historiadores chamárono o Emperador do Norte.[3]
Foi proclamado rei en Londres, facéndose soberano de Inglaterra, contra a que seu pai Sven dirixira unha expedición nas súas guerras contra os anglosaxóns. Casado con Enma, a viúva do monarca anglosaxón Etelredo II, por influencia desta convértese ao cristianismo e reedifica igrexas e mosteiros destruídos polos viquingos. Eríxese tamén en defensor dos desvalidos. Repartiu terras entre o seu séquito e establece novos ducados.
Trala morte do seu irmán Harold, foi proclamado rei de Dinamarca. No ano 1027 viaxou a Roma para asistir á coroación do Emperador Conrado II. Alí chegou a un acordo co Papa Bieito VIII, quen lle garantiu a seguridade dos peregrinos e lle concedeu unha diminución dos gravames sobre a xerarquía eclesiástica anglosaxoa.
En 1028 conquistou Noruega e dominou boa parte de Suecia, sendo coñecido como defensor de Irlanda.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.