cantón da provincia de Chimborazo, Ecuador From Wikipedia, the free encyclopedia
Chambo é un cantón situado ao noroeste da provincia de Chimborazo en Ecuador.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Ecuador | ||||
Provincia | Provincia de Chimborazo | ||||
Capital | Chambo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.885 (2010) (72,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 163,73 km² | ||||
Páxina web | gobiernodechambo.gob.ec… |
Ten unha superficie de 163 km², que representan o 2,5 % da superficie da provincia de Chimborazo. Os principais cursos de auga que cruzan o cantón son os ríos Chambo, Dadal e Timbul, ademais da lagoa Rocón.
A altura media do cantón está polos 2780 msnm. A temperatura media é de 14 °C.
De acordo cos datos presentados polo Instituto Ecuatoriano de Estadísticas y Censos (INEC), do último Censo de Poboación e Vivenda (2010), realizado no país, o cantón posúe 11 885 habitantes, distribuídos entre a área urbana da cabeceira cantonal (4459 habitantes) e a área rural que alberga 7426 habitantes. A poboación masculina alcanza o 47,45 %, mentres que a feminina o 52,55 %. O analfabetismo en mulleres preséntase en 23,7%, mentres que en varóns: 10,55%.
Segundo o Sistema Integrado de Indicadores Sociales de Ecuador, SIISE, a pobreza por necesidades básicas insatisfeitas, alcanza o 71,83% da poboación total do cantón, e a extrema pobreza alcanza o 42,47 %.
Poboación | Habitantes[1] |
---|---|
Total | 10.541 |
Homes | 5.539 |
Mulleres | 5.002 |
Menores de 1 ano | 221 |
Entre 1 e 9 anos | 2.317 |
Entre 10 e 14 anos | 1.262 |
Entre 15 e 29 anos | 2.652 |
Entre 30 e 49 anos | 2.148 |
Entre 50 e 64 anos | 1.026 |
65 ou máis anos | 915 |
En xeral o déficit de servizos básicos é de 71,53%[1]
Chambo é un dos primeiros asentamentos dos Puruway, pese a isto, os trámites para a súa cantonización comezaron no 1940 ata lograr o pleno recoñecemento oficial o 18 de marzo de 1988.
Chambo posúe diversos atractivos turísticos naturais, entre os que se poden mencionar:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.