arte de traballar a pedra From Wikipedia, the free encyclopedia
A cantería ou cantaría é a arte de labrar a pedra para o seu emprego posterior en construcións. Asócianse varios oficios a esta técnica, sendo os máis destacables os canteiros.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
O traballo de canteira mecanizouse en gran parte, ocasionando a desaparición paulatina dos oficios da cantaría. Actualmente, a súa produción está dirixida, preferentemente, cara a restauración de edificacións de alto valor arquitectónico e patrimonial, para o revestimento de fachadas e a elaboración de fábricas de pedra.
A pedra é a materia prima da cantería, variando a técnicas e ferramentas usadas, en función das súas propiedades propias como a dureza, fraxilidade, composición xeolóxica etc
O proceso de traballo comeza coa extracción da rocha da canteira, cun subsecuente despece de bloques, aplicarlle un escuadro, para finalmente proceder a labrar os cachotes.
Este proceso consta de catro fases, intervindo en cada unha diferentes artesáns:
Os antigos artesáns marcaban os seus traballos cuns signos chamados marcas de canteiro, recoñecibles entre eles, os cales tamén aparecían gravados na súas ferramentas de traballo. Eran marcas moi simples, compostas por raias, puntos, cruces, ou coa letra inicial do nome. Estes signos servían de referencia para coñecer a produción de cada artesán; e foron profusamente empregadas na arquitectura medieval.
No proceso de elaboración da pedra necesítase un amplo número de utensilios e ferramentas, entre as que encontramos:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cantaría |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.