Canonical
From Wikipedia, the free encyclopedia
Canonical Ltd. é unha empresa privada fundada e financiada polo empresario surafricano Mark Shuttleworth, para a promoción de proxectos relacionados co software libre. Ten a súa sede no paraíso fiscal da Illa de Man pero os seus empregados están espallados por todo o mundo.
Datos rápidos Fundador, Persoas clave ...
Canonical Ltd. | |
---|---|
Fundador | Mark Shuttleworth |
Persoas clave | Mark Shuttleworth (Fundador), Jane Silber (Presidenta comité executivo) |
Industria | Informática |
Produtos | Ubuntu, Launchpad, Bazaar, Landscape, Ubuntu One |
Beneficio | 59.9 millóns de € (2013)[1] |
Número de empregados | máis de 700[2] |
Na rede | |
https://www.canonical.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O principal proxecto de Canonical é o desenvolvemento, distribución e comercialización de Linux Ubuntu. Outros proxectos apoiados pola compañía son Launchpad, o proxecto TheOpenCD (unha colección de programas libres para Windows) e Bazaar (un sistema de control de versións desenvolvido en Python).