![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/Canned_Heat_at_Woodstock_Reunion_1979.jpg/640px-Canned_Heat_at_Woodstock_Reunion_1979.jpg&w=640&q=50)
Canned Heat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Canned Heat é unha banda de blues-rock/boogie rock boogie formada nos Ánxeles en 1965. A importancia do grupo non só reside na súa música baseada no blues, senón tamén nos seus esforzos para reintroducir e revivir as carreiras dalgúns grandes bluesmen, así como as súas habilidades para a improvisación.
Canned Heat | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Os Ánxeles, ![]() |
Período | 1965 – actualidade |
Xénero(s) | blues-rock, boogie rock, rock sureño |
Selo(s) discográfico(s) | Liberty Records EMI Scepter Records Sunny Side |
Membros | † Alan "Blind Owl" Wilson † Bob Hite "The Bear" † HeHenry Vestine "Sunflower" † Larry Taylor "The mole", Frank Cook, Adolfo de La Parra "Fito Beans" |
Antigos membros | Barry Levenson Greg Kage Robert Lucas |
Na rede | |
http://www.cannedheatmusic.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O grupo liderábano Alan "Blind Owl" Wilson -"Moucho Cego"- (guitarra, harmónica e voces) e Bob Hite ("The Bear" -O Oso-) (voces e harmónica). Henry Vestine (co alcume "Sunflower" -Xirasol-), exmembro de The Mothers of Invention, de Frank Zappa, encargábase da guitarra. Larry Taylor ("The Mole"-A Toupa-) (coñecido ata entón coma o baixista de The Monkees), era o seu baixo de estudio, ata que rematou por incorporarse ao grupo por completo durante os anos setenta xunto co batería Frank Cook. Posteriormente incorporouse definitivamente ao grupo o batería mexicano Adolfo "Fito" da Parra. Canned Heat toma o seu nome do tema "Canned Heat Blues". Esta canción de Tommy Johnson, creada no 1928, fala dun alcohólico que comezou a beber desesperadamente Sterno, un combustible composto de etanol e alcol xelatinoso, e que é chamado habitualmente "Canned Heat".