Cando te encontre
filme de 2012 dirixido por Scott Hicks / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cando te encontre (en inglés: The Lucky One) é un filme estadounidense de 2012 dirixido por Scott Hicks. É unha adaptación da novela homónima de 2008 escrita por Nicholas Sparks. Está protagonizado por Zac Efron no papel de Logan Thibault, un soldado que atopa a fotografía dunha rapaza durante o seu servizo na guerra de Iraq, e lévaa canda el como amuleto da sorte. Logo da guerra, localiza á muller e comeza unha relación con ela.
Datos rápidos Cando te encontre, Ficha técnica ...
Cando te encontre | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Lucky One |
Director | Scott Hicks |
Produtor | Denise Di Novi Kevin McCormick |
Guión | Will Fetters |
Baseado en | The Lucky One de Nicholas Sparks |
Intérpretes | Zac Efron Taylor Schilling Jay R. Ferguson Blythe Danner |
Música | Mark Isham |
Fotografía | Alar Kivilo |
Montaxe | Scott Gray |
Estudio | Village Roadshow Pictures Di Novi Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures Roadshow Entertainment (Australia e Nova Zelandia)[1] |
Estrea | 20 de abril de 2012 |
Duración | 100 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romántico |
Orzamento | 25 millóns de dólares[3] |
Recadación | 99,4 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
http://theluckyonemovie.warnerbros.com/dvd/index.html | |
Pechar