Cana
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A cana ou cana común (Arundo donax) é unha especie de planta herbácea pertencente á familia Poaceae. É unha especie común en Galicia.
Cana | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Arundo donax L., 1753 |
É unha planta semellante ao bambú, do que se diferenza porque de cada nó sae unha única folla que envaíña o talo.
Acada os 2–5 m de altura, ten o talo groso e oco. As follas lanceoladas son longas de 5–7 cm que envolven o caule a xeito de láminas verdes brillante. As flores fican nunha gran panícula de mazaroquiñas violáceas ou amarelas de 3-6 dm de lonxitude. Cada mazaroca ten unha ou dúas flores. A floración acontece a finais do verán e no outono. É a meirande das gramíneas do sur de Europa.
Brañas e lameiros de augas permanentes ou estacionais; sistemas sunares das praias, sebes etc. As canas esparéxense grazas aos rizomas subterráneos que medran formando grandes colonias de varios quilómetros ao longo dos regueiros ou en illós.
Semella ser orixinaria de Asia, de onde colonizou a área mediterránea e mais o norte de África dende a antigüidade ao longo das ribeiras e gabias de rega. Do Mediterráneo chegaría a Galicia. Tamén está espallada polas Américas. Está incluída na listaxe 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[1] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
O nome galego cana, vén do latín: canna. Esta planta tamén recibe os nomes de canaveira, canavela e canivela. Un lugar poboado de canas chámase canedo ou canaval.
O nome xenérico Arundo era o nome da cana no latín antigo. O nome específico: donaxé un termo latino e grego dunha especie de cana, que en principio se usara como nome xenérico, mais que resultou sinónimo de Arundo.
Serve de protección á fauna especialmente en zonas áridas, por ser moitas veces a única vexetación mesta dispoñíbel. Moitas especies de aves, aniñan ou dormen nos canavais.
Emprégase como guía das plantas e coma soporte ou trabes nas viñas, onde se atan as vides.
Tamén se emprega para a produción de lingüetas para os instrumentos de vento (simple (clarinete e saxofón) e dupla (óboe e fagot). Tamén para fabricar instrumentos de vento coma o ney do Oriente Medio ou a frauta de pan, entre outros instrumentos tradicionais.
Utilizouse coma diurético e para diminuír a produción de leite (antigalactogogo). Por vía externa úsase para evitar a caída do cabelo. O consumo excesivo pode producir hipotensión e depresión respiratoria.
A cana Arundo donax produce máis biomasa por hectárea que calquera outra planta de biomasa coñecida, á parte do bambú. Esta planta recoñécese dende hai tempo como importante produtora de biomasa industrial xa que pode cultivarse nunha ampla variedade de tipos de solos e condicións climáticas. Acada a madureza (15 a 25 pés) en aproximadamente un ano, e pode ser colleitada, dependendo do clima, dunha a tres veces ao ano. Ademais produce unha media de 25 toneladas de fibra de alta calidadade por acre dúas veces ao ano. Ademais cómpre salientar que pode ficar o cultivo no mesmo terreo uns 20 ou 25 anos antes de replantar. Non ten grandes necesidades de fertilizantes e herbicidas, polo que o custo e o impacto no contorno é baixo.
A partir da cana tamén se fabrican biocarburantes (biodiésel 8000 BTU/lb), grazas á obtención de metanol a partir da difusión gasosa como subproduto na fabricación de celulosa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.