Canón submarino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un canón submarino é un val de ladeiras inclinadas situado no noiro continental e cuxa formación está frecuentemente relacionada cun río actual ou antigo no continente lindeiro, como se se tratara dun prolongamento do val dese río precursor.
Na maioría dos casos, a plataforma continental cobre unha parte do canón, sobre todo cando dita plataforma é bastante extensa e cunha pendente escasa, tal como se ve no caso dos canóns submarinos ao oeste dos Ánxeles.
Noutras ocasións, o canón submarino tamén corta á plataforma continental, polo que chega practicamente á desembocadura do río que lle deu orixe, como son os casos do río Hudson (Nova York) e o río Congo, no oeste de África.
A formación dos canóns submarinos é un proceso xeolóxico que require unha enorme cantidade de tempo e que pon de manifesto a eterna oposición entre os movementos construtores e destrutores do relevo terrestre.