explanada na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Durmideiras, preto da Torre de Hércules.
Tralo golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presos[1], a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.
No ano 2001 inaugurouse no lugar un monumento en homenaxe ás vítimas da represión franquista, deseñado por Isaac Díaz Pardo. O monumento composto por bloques de granito, nos que hai manchas de pintura vermella simbolizando o sangue dos fusilados, ten unha inscrición que di:
Inmolados nestes campos frente ao mar tenebroso por amar causas xustas.
Presentes na lembranza do povo e do seu concello da Coruña.
Tamén figuran dous poemas, de Federico García Lorca e Uxío Carré Alvarellos.
No Campo da Rata existe ademais un conxunto de pedrafitas, realizadas polo escultor Manolo Paz, denominado "Menhires pola Paz". Cada un dos doce menhires ou pedrafitas ten aberto no centro unha xanela.
Os dous monumentos forman parte do Parque escultórico da Torre de Hércules.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.