Campo, Covelo
parroquia civil do concello de Covelo From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Covelo From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Campo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres.
Campo | |
---|---|
Igrexa de Campo | |
Concello | Covelo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°11′48″N 8°23′13″O |
Poboación | 83 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O río Tea transcorre pola parroquia e esta dispón dunha gran tradición gandeira. Campo está situada na aba sur da Serra do Suído e posúe un monte cinexético. Nos puntos con cotas máis baixas áchanse bosque frondosos autóctonos.[2]
Conta cun foxo de lobo que presenta a particularidade de contar con dous funís de entrada, o que a tradición oral interpreta como as entradas correspondentes a cadansúa parroquia. Consta dun cercado de pedra que se vai pechando en forma de funil para rematar no propio foxo. Ten unha profundidade de dous metros e acubilla no seu interior un chouso para durmiren os pastores. Foi obxecto dunha restauración en 2013.[3]
Lugares da parroquia de Campo no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
Barcia | A Bouciña | Bustelo | Cascardoso | A Costa | A Ladeira | O Loureiro | O Outeiro | San Pedro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.