Campionato de Galicia de fútbol
competición de fútbol galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España, de manera semellante aos outros campionatos territoriais do resto do estado. A medida que o campionato foi crecendo, fóronse creando varias divisións inferiores (Serie B e Serie C), recibindo o nome de Serie A a primeira categoría. Durante certo tempo, o torneo coexistiu co actual sistema de ligas estatais creado en 1929. Foi eliminado en 1940 por decisión da FEF.
Tipo | competición futbolística ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Real Federación Galega de Fútbol ![]() |
Liga inferior | Campionato de Galicia da Serie B ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1913 – 1940 ![]() |