segunda división do Campionato de Galicia de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato de Galicia da Serie B foi a segunda división do Campionato de Galicia de fútbol entre 1919 e 1940. Estaba situada por debaixo da Serie A (máxima categoría do país) e por riba da Serie C. Entre estas divisións producíanse ascensos e descensos. A organización da competición corría a cargo da Federación Galega de Fútbol. O torneo foi suspendido durante tres tempadas entre 1936 e 1939 por causa da guerra civil.
Tipo | competición futbolística |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Real Federación Galega de Fútbol |
Liga superior | Campionato de Galicia de fútbol |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1919 – 1940 |
Para a tempada 1940/41, o Comité Directivo da Federación Española de Fútbol decidiu suprimir de facto todos os campionatos rexionais, agás os canarios, excluíndo de participar nos mesmos aos equipos encadrados no campionato estatal de Liga[1][2] e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que sería outorgada segundo a posición final acadada na propia Liga.[1][3]
|
|
Pos. | Equipo | Títulos | Anos |
---|---|---|---|
1 | Alfonso XIII de Pontevedra | 3 | 1923/24, 1924/25, 1927/28 |
2 | Deportivo Español | 2 | 1925/26, 1932/33 |
3 | Alfonso XIII de Vilagarcía | 1 | 1919/20 |
... | Comercial F.C. | 1 | 1920/21 |
... | Rápido de Bouzas | 1 | 1921/22 |
... | Eiriña | 1 | 1922/23 |
... | Emden FC | 1 | 1926/27 |
... | Ourense F.C. | 1 | 1928/29 |
... | Burgas | 1 | 1929/30 |
... | Alondras | 1 | 1930/31 |
... | Club Ciosvín | 1 | 1931/32 |
... | Ferrol F.C. | 1 | 1933/34 |
... | Chao S.C. | 1 | 1934/35 |
... | Vigués F.C. | 1 | 1935/36 |
... | Compostela S.C. | 1 | 1939/40 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.