![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Alonso_%252B_Schumacher_2006_USA.jpg/640px-Alonso_%252B_Schumacher_2006_USA.jpg&w=640&q=50)
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006 foi o campionato anual número 57 da Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 18 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 12 de marzo, e rematou o 22 de outubro.
Tipo | Fórmula 1 ![]() |
---|---|
Deporte | automobilismo ![]() |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil ![]() |
Número de participantes | 27 ![]() |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 12 de marzo de 2006 – 22 de outubro de 2006 ![]() |
Número de edición | 57 (2006) ![]() |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Fernando Alonso |
Campionato do Mundo de Construtores | Renault F1 Team |
![]() | |
Datos estatísticos | |
Carreires | 18 ![]() |
O campionato de pilotos foi gañado por Fernando Alonso con Renault por segundo ano consecutivo, converténdose no máis novo bicampeón mundial. O múltiple campión mundial Michael Schumacher de Ferrari foi finalista, 13 puntos por detrás. Renault renovou o Campionato de Construtores, superando a Ferrari por só cinco puntos.
A tempada destacou pola rivalidade entre Alonso e Schumacher, que gañaron sete carreiras cada un. Os pilotos de Renault e Ferrari dominaron o campionato, gañaron todas as carreiras agás unha, e os catro segundos lugares non alcanzados por estes dous equipos levounos McLaren. Durante esta tempada e por primeira vez desde a tempada de 1956 ningunha carreira foi gañada por un construtor británico.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9c/Fernando_Alonso_2006_Malaysia.jpg/200px-Fernando_Alonso_2006_Malaysia.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Michael_Schumacher-I%27m_the_man_%28cropped%29.jpg/640px-Michael_Schumacher-I%27m_the_man_%28cropped%29.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ac/Felipe_Massa_2008_2.jpg/640px-Felipe_Massa_2008_2.jpg)