mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Camilo Forján Seoane, nado en Pazos de Iria (Iria Flavia, Padrón) o 3 de febreiro de 1954, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1954 (70 anos) Pazos de Iria, España |
Alcalde de Padrón | |
2007 – 2011 ← Jesús Villamor Calvo – Antonio Fernández Angueira → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Estudou o bacharelato no Colexio Libre Adoptado Salas Pombo e logo fixo Maxisterio. Exerceu como mestre de Ciencias Sociais en Frións (Ribeira), Padrón, Muxía e no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro. Formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Padrón en 1991, se ben non resultou elixido. Foi concelleiro socialista en Padrón tralas eleccións municipais de 1995 e de 1999, nas que foi o número 3 e 2 da candidatura encabezada por Julio Martín García. Foi o candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 2003, pasando de 2 a 3 concelleiros, reforzándose como a principal forza da oposición ao goberno do PPdeG. Nas municipais de 2007 volveu encabeza-la lista do PSdeG-PSOE, mantendo 3 concelleiros e subindo votos. Trala contundente perda da maioría absoluta do PPdeG foi elixido alcalde en coalición coa formación independente CIPa, e co apoio do BNG e do Partido Galeguista na investidura[1].
Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, pese a mante-la súa representación con 3 concelleiros, debido á caída do seu socio de goberno e quedar sen opcións de pacto, polo que o candidato conservador Antonio Fernández Angueira asumiu a alcaldía como forza máis votada. Encabezou de novo a candidatura socialista nas municipais de 2015 pasando a 2 concelleiros. Se ben se estudou un acordo de goberno alternativo ao PP, finalmente este volveu a asumila alcaldía en minoría. A finais de 2016 estudouse a presentación dunha moción de censura que o devolvese á alcaldía, pero dita operación tampouco frutificou. Encabezou de novo a candidatura do PSdeG nas municipais de 2019 e conseguiu dobra-la súa representación ata os 4 concelleiros, o mellor resultado da historia do partido en Padrón, se ben seguiu formando parte da oposición dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta.
Predecesor: Jesús Villamor Calvo |
Alcalde de Padrón 2007 - 2011 |
Sucesor: Antonio Fernández Angueira |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.