![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/Camaleon_comun.jpg/640px-Camaleon_comun.jpg&w=640&q=50)
Camaleónidos
familia de réptiles / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos camaleónidos[2] (Chamaeleonidae) é unha familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, coñecidos vulgarmente como camaleóns.[3] Trátase dun clado moi distintivo e altamente especializado dos lagartos do Vello Mundo con 202 especies descritas en xuño de 2015,[4] a maior parte delas na África subsahariana.
Camaleónidos Chamaeleonidae Camaleóns Rango fósil: Paleoceno medio-Actualidade (99,7 - 0 Millóns de anos) [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Chamaeleo chamaeleon | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Área de distribución natural dos camaleónidos | |||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
As súas especies presentan unha ampla variedade de cores e moitas delas teñen a capacidade de cambiar de cor.
Os camaleóns distínguense polos seus pés zigodáctilos, as súas longas linguas, moi modificadas, rapidamente protráctiles (que poden proxectarse moito cara a fóra da boca)[5] e a súa marcha balanceándose,[6] e cristas ou cornos na cabeza e no fociño. A maioría das especies, as máis grandes en particular, tamén teñen unha cola prénsil. Os ollos poden moverse independentemente o un do outro, pero para apuntar a unha presa, céntranse cara a adiante en coordinación, permitindo unha visión estereoscópica ao animal.
Os camaleóns están adaptados para a escalada e caza visual. Viven en hábitats cálidos que van desde a selva tropical até espazos desérticos, con numerosas especies que se encontran en África, Madagascar, o sur de Europa e en todo o sur de Asia até Sri Lanka. Tamén foron introducidos en Hawai, California e Florida, e a miúdo téñense como mascotas domésticas.