From Wikipedia, the free encyclopedia
Caloris Planitia, (ou Cunca de Caloris) é un gran cráter de impacto do planeta Mercurio, duns 1.550 km de diámetro,[1] o cal fai del un dos cráteres máis grandes do Sistema Solar. Caloris en latín significa calor, e o cráter recibiu este alcume por que o Sol apunta case directamente sobre a planitia cada dúas veces que Mercurio pasa polo seu perihelio. O cráter foi descuberto no ano 1974, e está rodeado por un sistema de aneis montañosos duns 2 km de altitude.
Caloris Planitia | |
---|---|
Mosaico fotográfico no cal se pode observa-la metade da cunca de Caloris, o resto está oculta polo terminador, o mosaico foi composto a partir de imaxes feitas pola sonda da NASA Mariner 10, nos anos 1974–75. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Mercurio |
Diámetro | 1.550 km[1] |
Coordenadas | 30,5 N 189,8 O |
Procedencia do nome | Caloris, procedente do latín, para calor. |
A Caloris Planitia foi descuberta grazas ás imaxes feitas pola sonda Mariner 10 en 1974. O cráter foi localizado no terminador -a liña divisoria entre os hemisferios diúrno e nocturno no momento en que a sonda pasaba, así pois, a metade do cráter non puido ser fotografado. Máis tarde, o 15 de xaneiro de 2008, unha das primeiras fotos do planeta tomada pola sonda Messenger revelou o cráter na súa totalidade.
Ó cráter foi inicialmente estimado nun diámetro duns 1.300 km, aínda que esta estimación foi incrementada ata os 1.550 km, baseándose en fotos posteriores tomadas pola sonda MESSENGER.[1] O cráter está rodeado por montañas de ata 2 km de alto. Dentro das paredes do cráter, o chan do cráter está cuberto por chairas de lava, de xeito semellante ó que ocorre cos Maria da Lúa. Fóra dos muros, o material expulsado polo impacto creou unha cunca que se estende máis de 1.000 km, con aneis concéntricos rodean o cráter.
No centro da cunca existe unha rexión que contén numerosos sucos e fendas radiais que parecen ser fallas extensionais, cun cráter de 40 km situado preto do centro do patrón de fendas radiais. A causa exacta deste patrón de fendas e sucos, polo momento é descoñecida.[1] O nome deste accidente xeolóxico é Pantheon Fossae.[2]
Estimouse que o corpo do impacto debería ter coma mínimo 100 km de diámetro.[3]
Os corpos do interior do sistema solar experimentaron un intenso bombardeo de grandes corpos rochosos durante máis ou menos os primeiros mil millóns de anos da vida do Sistema Solar. O impacto que creou Caloris Planitia debeu ocorrer moi ó final deste período, por que hai moi poucos cráteres no chan de Caloris que poidan ser comparados en tamaño cós cráteres de rexións limítrofes ó propio cráter. Pénsase que cuncas semellantes da Lúa coma Mare Imbrium e Mare Orientale, se formaron máis ou menos ó mesmo tempo, indicando posiblemente o fin do punto álxido dos grandes impactos durante o período de intenso bombardeo que tivo lugar durante os primeiros tempos do Sistema Solar.[4] Baseándose nas fotografías tomadas pola sonda MESSENGER, a idade de Caloris foi estimada en 3.800-3.900 millóns de anos.[1]
Pésase que este impacto xigante que formou Caloris puído ter consecuencias globais para o planeta. No punto exacto no que están os antípodas da cunca existe unha grande área de terreo montañoso, con fendas e escarpas, cuns poucos cráteres de impacto pequenos, esta área é coñecida coma Terras Caóticas (tamén se podería traducir coma Terras Rilleiras). Algúns expertos suxiren que esta área foi creada polas ondas sísmicas do impacto ó converxeren no lado oposto do planeta.[5] Coma alternativa, tamén se suxeriu que estes terreos son a consecuencia da converxencia do material expulsado durante o impacto nas antípodas do cráter.[6] Tamén se pensa que este impacto serviu coma detonante dunha actividade volcánica, que deu coma resultado a formación de suaves chairas.[7] Ó redor de Caloris Planitia existen unha serie de formacións xeolóxicas que se pensa que foron producidas polo material expulsado tralo impacto, estas formacións reciben o nome colectivo de Grupo Caloris.
Mercurio ten unha atmosfera moi tenue e temporal, que contén pequenas cantidades de hidróxeno e helio capturado do vento solar, así coma elementos máis pesados, coma o sodio e o potasio. Pénsase que estes últimos elementos son orixinarios do interior do planeta, sendo expulsados de debaixo da codia do planeta grazas ó impacto que formou Caloris. Descubriuse que a conca de Caloris é unha fonte significativa de sodio e de potasio, e as fracturas creadas polo impacto terían facilitado a liberación de gases do interior do planeta. As Terras Caóticas tamén serían unha fonte destes gases.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.