From Wikipedia, the free encyclopedia
O caldo verde é un caldo de verzas, tradicional do norte de Portugal e consumido en todo o país. É característica a súa cor verde, posto que as follas das coles van cortadas en finas tiras e as patacas en puré.
Segundo costume do Miño, a sopa sérvese nun recipiente de barro, cun pouco de aceite de oliva, e acompañada de anacos de chourizo e broa. Como é unha sopa simple e lixeira, cómese como entrante ou como cea.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caldo verde |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de caldo verde |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.