From Wikipedia, the free encyclopedia
A clase Calcispongiae ou Calcarea é un grupo de animais do filo Porifera. Son esponxas cuxas espículas do esqueleto mineral son todas elas de carbonato cálcico (CaCO3) cristalizado en forma de calcita. As espículas non acostuman diferenciarse entre Megascleras e Microcleras; normalmente son uni, tri ou tetrarradiadas. É importante destacar que ningunha presenta fibras de esponxina. A organización pode ser de tipo Ascon, Sicon ou Leucon. Tódalas especies da clase son mariñas de hábitat pouco profundo e se reproducen por xemación e por vía sexual, dando lugar a unha característica fase larval.
Esponxas calcáreas | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Variedade de esponxas calcáreas de Ernst Haeckel | ||||||||
Clasificación científica | ||||||||
| ||||||||
Subclases e Ordes | ||||||||
|
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Calcispongiae |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Calcispongiae |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.