From Wikipedia, the free encyclopedia
Calímaco (Καλλίμαχος), nado en 310 a.C. e finado en 240 a.C., foi un poeta e erudito, nado en Cirene, descendente dunha familia nobre.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 310 a. C. ↔ 305 a. C. Cirene, Libia |
Morte | c. 240 a. C. Alexandría, Exipto |
Actividade | |
Ocupación | poeta, mitógrafo, poeta elexíaco, epigramatista, bibliotecario, escritor |
Período de tempo | Período helenístico |
Período de actividade | (Con vida en: Primeira metade século III a. C. ) |
Xénero artístico | Neotérico |
Alumnos | Eratóstenes, Aristófanes de Bizancio, Ister of Cyrene (en) e Hermocrates of Iasos (en) |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Abriu unha escola nos suburbios de Alexandría, e algúns dos máis distinguidos gramáticos e poetas foron os seus alumnos, destacándose Apolonio de Rodas[1].
Recibiu de Tolomeo II o encargo de ordenar a biblioteca de Alexandría, cargo que exerceu ata a súa morte. Aínda que nunca o nomearon bibliotecario xefe, foi responsable da produción do catálogo de todos os volumes que figuran na Biblioteca, sendo de tal envergadura a súa tarefa que é considerado o pai dos bibliotecarios (ou polo menos dos catalogadores). A clasificación e ordenación dos autores foi de gran valor para os posteriores estudos bibliográficos e literarios realizados sobre o período clásico.
Da súa obra poética conserváronse algúns fragmentos, seis himnos e 63 epigramas, así como un breve poema épico, Hecale, co que se reafirmou na súa particular concepción da epopea, sobre a cal polemizou con Apolonio de Rodas, discípulo seu.
A súa obra máis coñecida é o poema A cabeleira de Berenice, que chegou a nós, con todo, non na súa versión orixinal, senón a través dunha imitación de Catulo[2].
Calímaco tiña unha especial visión da literatura, o que o sitúa dentro do helenismo como un dos seus máximos expoñentes. Apreciaba a Homero e chegou a consideralo como inimitable; con todo rexeitaba a épica e outros xéneros herdados nos que se intentase por extenso e coa linguaxe pretensiosa da alta poesía desenvolver un argumento unitario e orgánico. A escola de Calímaco era antiaristotélica ao rexeitar a unidade, a perfección e a extensión defendidas por Aristóteles.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.