![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Canadian_Coast_Range.jpg/640px-Canadian_Coast_Range.jpg&w=640&q=50)
Cadeas montañosas da costa do Pacífico
From Wikipedia, the free encyclopedia
As cadeas montañosas da costa do Pacífico (en inglés: Pacific Coast Ranges[1]; oficialmente coñecidas como Pacific Mountain System nos Estados Unidos[2]) é un grupo de cordilleiras que se estenden ao longo da costa oeste de Norteamérica, dende Alasca ata o centro de México, tamén coñecida como cordilleira do Pacífico, especialmente no Canadá.[3] Forman parte da cordilleira norteamericana (North American Cordillera, ás veces chamada Western Cordillera, e, no Canadá, Pacific Cordillera ou Canadian Cordillera), que inclúe as montañas Rochosas, as montañas de Columbia, as Interior Mountains, a Interior Plateau, a Serra Nevada[4] e outras cordilleiras, ademais de varios altiplanos e concas.
Cadeas montañosas da costa do Pacífico | |
---|---|
![]() Cordilleira do Pacífico en Whistler, Columbia Británica | |
![]() | |
Localización | |
Continente/s | Norteamérica |
País/es | ![]() ![]() ![]() |
Coordenadas | |
Datos | |
Principais cumes | Monte Logan |
Cota | 5959 msnm |
Lonxitude | 3800 |
Porén, a expresión "cadeas montañosas da costa do Pacífico" só se aplica ao sistema occidental da cordilleira occidental,[5] que comprende as montañas Saint Elias, as Coast Mountains, as Insular Mountains, as Olympic Mountains, a Cascade Range, a Oregon Coast Range, as California Coast Ranges, as Transverse Ranges, as Peninsular Ranges e a Serra Madre Occidental.