From Wikipedia, the free encyclopedia
O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.
Este sistema caracterízase por un peculiar sistema de elección de candidatos denominado sistema de quendas, no que o cacique formaba parte da oligarquía local encargada de someter ó pobo con restricións económicas e sociais, co último fin de afianzar as súas redes de compromiso co goberno central.
Cita de Castelao sobre o caciquismo:
O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á XusticiaRodríguez Castelao, Alfonso Daniel. Sempre en Galiza
En Galiza, o caciquismo ten unha longa historia[1], a tal punto que "as discusións acerca da pervivencia ou non do caciquismo en Galiza e baixo que formas parece ser un dos tópicos permanentes dos debates". Hoxe, algunhas das prácticas mantéñense e son obxecto de polémica, especialmente o reconto de votos de persoas falecidas.[2] Por outra banda, tamén é habitual recoñecer os designamentos a dedo como unha das máis estendidas prácticas caciquís.[3]
A figura do cacique como máximo expoñente do caciquismo ten sido tratada en numerosas ocasións tanto na literatura galega, como é o caso por exemplo da novela A Besta! de Patricio Delgado Luaces ou máis recentemente o de Casa Skylab de Santiago Jaureguízar, como na literatura en castelán escrita por galegos, como sucede coa novela O anarquista, da autoría de Leandro Pita Romero.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.