Cabo Trafalgar
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cabo de Trafalgar (do árabe: رأس الطرف الأغرّ Taraf al Ghar, o cabo da cova[1][2]) é un cabo español pertencente ao termo municipal de Barbate, situado na costa atlántica da provincia de Cádiz, en Andalucía.
Trátase dun pequeno illote situado entre as enseadas de Conil e Barbate unido ao continente por un dobre tómbolo de area, que se considera o extremo noroccidental do estreito de Xibraltar. Nel hai un faro e restos arqueolóxicos dunha factoría romana de salgaduras e dun asentamento hispano-musulmán.
Nas súas inmediacións tivo lugar o 21 de outubro de 1805 a soada batalla de Trafalgar, na que a escuadra franco-española foi derrotada pola inglesa ao mando do almirante Nelson.
Forma parte da Rede de Espazos Naturais Protexidos de Andalucía (RENPA), coa categoría de monumento natural e baixo o nome de Tómbolo de Trafalgar.