Cabalo de pura raza galega
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cabalo de Pura Raza Galega (PRG) é a denominación que recibe oficialmente[1][2] unha raza de cabalos Equus ferus caballus de pequeno tamaño, recoñecida como raza equina autóctona de Galicia. Outras denominacións tradicionais son cabalo galego de monte,[3][4] cabalo galaico, poni galego, faca galiciana, faca galega ou, simplemente, cabalo do país.[5]
Cabalo de pura raza galega | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabalo de pura raza galega no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||||
Equus ferus caballus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Orixe da raza |
Recentemente tense suxerido a pertenza desta raza a unha nova subespecie de cabalos, o Equus ferus atlanticus.[6] Para esta nova subespecie propúxose a denominación de "garrano".[7]
A finais do século XX atopábase en estado de perigo de extinción: en 1999 o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de 2012 a poboación censada era de máis de 1.500 exemplares.[8][9]